O BOP publica as axudas municipais a autónomos e PEMEs

Imaxe da rúa do Rollo, unhas das rúas comerciais de Betanzos

O BOP publica hoxe as bases para a concesión de axudas a autónomos e PEMEs de Betanzos afectados pola pandemia da covid-19. Desde mañá e durante un mes, poderanse solicitar estas axudas, que o pleno aprobou por unanimidade tras pactar as bases PSOE, PP e BNG.

“O Concello de Betanzos, mediante esta convocatoria, pretende levar a cabo de maneira inmediata actuacións encamiñadas a paliar o inevitable dano causado pola pandemia nos colectivos anteriormente mencionados para que non perdan o seu posto de traballo e poidan seguir desenvolvendo a súa actividade tras a superación desta crise sanitaria, e evitar na medida do posible, o peche definitivo dos seus negocios e a consecuente destrución de empregos” asegura o texto, que se pode consultar integramente aqui.

as axudas son de solicitude obrigatoria a través de medios telemáticos.