O BNG volve demandar no pleno a reapertura de Radio Betanzos

Ten persoal propio, frecuencia concedida e ata dous estudos, un nas dependencias do Centro de Formación Ocupacional de Bellavista, e outro, por estrear e que custou máis de 73 000 euros, nas Escolas do Asilo. Pero permanece pechada. Por este motivo o BNG demandou no pleno que o goberno local cumpla cos numerosos acordos plenarios que, mesmo co voto do PSOE, aprobaron a reapertura da emisora municipal. “Temos unha emisora pechada que, desde que vostede é alcaldesa, xa nin os plenos retransmite”, sinalou Henrique del Río á rexedora.

“Supostamente era algo de tecnoloxía obsoleta o que o impedía hai un ano, que ían amañar, como sempre, ‘en breves semanas’, e isto foi hai un ano xa”, ironizou Del Río no Pleno recordando as últimas explicacións do goberno local sobre a falta de funcionamento de Radio Betanzos. O voceiro do BNG recorda que “Miño e Bergondo, sen ir máis lonxe, emiten en directo vía internet os seus Plenos, é só colocar unha cámara na Sala Capitular porque os traballadores da radio municipal xa asisten aos Plenos”, explica suliñando q

O estudo da radio está no centro de formación ocupacional do Concello

a web e redes sociais do Concello. “Pagámolos todas as veciñas, para que se nos informe veridicamente do que hai no Concello” explica o edil do BNG. “Unha cousa é informar e outra facer propaganda, unha cousa é difundir a programación oficial do Concello e outra moi distinta que estes medios que todas pagamos se usen para que o goberno local faga propaganda política ou mesmo ataque a outros grupos por disentir das súas propostas ou proxectos”, puntualiza.

“Emitir os plenos e reabrir a radio é unha cuestión de vontade política, de transparencia, no século de internet non hai máis impedimento para facelo que a decisión política do PSOE de deixar de facelo, desde que cambiamos de alcalde, para tratar de controlar absolutamente o que sae da Sala Capitular”, abundan desde o BNG. “Dicir que se fan públicos porque se colgan aos dez días na web municipal, cando os asuntos xa están resesos e perderon actualidade, é rirse da xente”, conclúe Del Río.

O BNG defende reabrir Radio Betanzos como unha emisora comunitaria

As nacionalistas defenden reabrir Radio Betanzos como unha emisora comunitaria. “Un consello participativo con colectivos e entidades, e con representación da Corporación, que vele polo pluralismo e a imparcialidade da emisora e a poña ao servizo da veciñanza”, detalla Del Río.

Destino do persoal da emisora

O BNG preguntou, ademais, polo persoal adscrito á emisora. Segundo a RPT, hai un director da emisora e un técnico de son no cadro de persoal do Concello. Por este motivo, as nacionalistas demandaron a María Barral que aclare “que ten pensado facer co persoal laboral adscrito á emisora en caso de non reabrila” e que informe sobre as tarefas que está desempeñando actualmente este persoal público, dado que a emisora non emite.