O BNG alerta do deterioro da torre municipal do reloxo

Detalle da torre, coas fendas e os testemuños. Foto do BNG

O BNG advertiu no Pleno do deterioro avanzado que presenta a torre municipal. O voceiro nacionalista, Henrique del Río, explicou que a torre do reloxo ten “varias fendas nos seus muros”.

Del Río recordou que “hai anos, en 2010, colocáranse uns testemuños para comprobar o seu estado, acusando fendas ben visíbeis desde o nivel do chan mesmo nos propios testemuños”. As nacionalistas recordan que o goberno local anunciara, naquela altura, unha intervención, coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta “que nunca chegou”.

“De feito, a última actuación realizada na torre municipal é a que fixo a Concellaría de Casco Histórico cando a dirixía o BNG, hai una década, para iluminar artísticamente o campanario e reparar varios desperfectos na estrutura de ferro que o coroa”, lembran.

Por este motivo, as nacionalistas demandaron un programa de actuacións concretas “para atallar o deterioro” desde edificio do século XVI de titularidade municipal. Do mesmo xeito, desde o BNG urxiron ao gobernó local a solucionar as deficiencias e o “estado de corrosión e ferruxe avanzado” da estrutura de ferro que culmina a torre.

“O patrimonio é o proxecto de futuro para un concello como Betanzos” explica Del Río. “É o que nos fai diferentes e ten que ser a locomotora que ten que tirar do desenvolvemento social e económico de Betanzos” engade. Por este motivo, demandan tamén a posta en valor da torre, para que “revirta no avance do seu entorno”.