O aulario do Vales comezará o curso coas obras do patio cuberto aínda en marcha

Imaxe do aulario

O goberno local foi incapaz de cumprir os prazos previstos para a construcción do patio cuberto no aulario de educación infantil no CEIP Vales Villamarín. A obra, que executa o Concello porque a Xunta costruíu o colexio sen patio cuberto e se nega a financialo, foi orzamentada en 160 000 euros e tiña que estar concluída en dous meses.

Na pasada campaña electoral, María Barral anunciaba que os traballos comezarían segundo rematase o curso escolar, no mes de xuño, e que estaría concluída para arrincar o curso 2019-20 a mediados de setembro. Este abano temporal era superior aos dous meses que o contrato prevía.

Porén, o goberno local foi incapaz de cumprir coas súas propias promesas e previsións. Os traballos continuarán aínda uns días cando mañá o centro retome a actividade docente. O goberno Barral asegura agora que o retraso será “duns días” sobre o prazo previsto e asegura que ten disposto xa medidas de seguridade adicionais que afectan á práctica totalidade da superficie de xogos do aulario e que obrigarán mesmo a modificar os itinerarios de entrada e saída.

María Barral asegura nun comunicado de prensa que o retraso débese a problemas cos subministros por parte da empresa contratada para executar os traballos. O goberno local, ao parecer, non contou con que o mes de agosto é practicamente inhábil no gremio da construcción.