O Alfonsetti acolle mañá un novo concurso de monólogos

Interior do Alfonsetti

Coas intervencións de Rafa Trebol, Chusco Somoza, Melanie González, Matías Cubilla, Mariangeles Diab e Mago Brunetti mañá desde as oito e media do serán o Cine Alfonsetti acollerá unha nova edición do concurso de monólogos humorísticos.

A cita complétase coa actuación de aixa Romay, a música de Dj Sebas21 e a presentación do popular presentador Paco Lodeiro.