O 17 pecha o prazo para pedir axudas de rehabilitación no Casco Histórico

O goberno local do PP foi o responsable de cubrir estas fachadas coa escuma de poliuretano laranxa

O prazo para solicitar as subvencións á rehabilitación de edificios na área de rehabilitación do Casco Histórico (ARCH) de Betanzos remata o vindeiro día 17.

Para poder optar a estas axudas, os inmobles teñen que ser edificacións na zona vella e a súa zona de protección, A Ribeira, Magdalena, Nosa Señora do Camiño e A Condomiña-Magdalena.

Subvenciónanse 30 rehabilitacións e 1 renovación. Para máis información  poden dirixirse á Oficina de Rehabilitación, no baixo do Pazo Municipal.