Novas denuncias de vertidos do saneamento municipal ao Mendo

Baixo a ponte do Carregal hai un verquido. Imaxe do blog Río Mendo

Denuncian novos vertidos da rede municipal de saneamento ao rio Mendo. Segundo a asociación de axentes forestais de Galicia este vertido leva xa varios días e seguen inspeccionando e levantando actas.

As denuncias de puntos de vertido directos levan sendo constantes durante os últimos anos. A última denuncia da foi hai pouco máis de mes e medio como se fixo eco no seu momento este xornal. Veciñanza, grupos ecoloxistas e BNG levan anos facendose eco desta situación.