Non perdas nada da XXII Feira Franca Medieval, aquí tes o programa

A expulsión dos leprosos é un clásico desde a primeira edición da Feira Franca Medieval

Betanzos vive esta vindeira fin de semana unha viaxe no tempo e volve ao século XIV, considerada a etapa de maior esplendor da cidade. O Concello, e tamén outros colectivos, programan con motivo da XXII Feira Franca Medieval unha serie de actos para vivir plenamente a viaxe á Idade Media. Ofrecémoschos a seguir, para que non perdas detalle.

O programa oficial de festexos

Alleo ás críticas pola reiteración do programa, o executivo local repite novamente o programa dos últimos anos. Neste enlace tes o programa de hai dous anos, no que só cambian o nome do pregoeiro e as datas da celebración.

Venres 12 de xullo

15:00 h Remate da colocación das paradas de venta da Feira Franca Medieval.

18:00 APERTURA Os/as artesáns/ás chegados de todos os lugares e recunchos de España, abren as súas paradas para ofrecer o mellor das súas terras ás persoas que queiran mercar ou observar os seus produtos.

19:30 Actuación de Kote Malabar na praza da Constitución e do Mago Gonzálvez no adro de Santa María do Azougue.

21:00 O SEÑOR DE ANDRADE HONRA A TODOS OS SEUS VASALOS COA CHEGADA Á PRAZA DA CONSTITUCIÓN DESTA REAL CIDADE E SOLICÍTALLE AO ILUSTRÍSIMO SEÑOR REXEDOR A APERTURA DA FEIRA FRANCA. Nobres e campesiños presentarán as súas queixas e pedimentos ao señor de Andrade por medio do notario Xoán Blanco e haberá danzas nobres e campesiñas coa colaboración da escola de danza DANZARTE e danzas mouras por conta das voluntarias da Feira Franca Medieval. O pregón correrá por conta de FRANCISCO DIAZ PEREIRA “PACHICO”. Para rematar a ilustrísima señora rexedora da cidade de Betanzos abrirá a XXI FEIRA FRANCA MEDIEVAL de Betanzos.

23:00 h. Rúa Travesa. REPRESENTACIÓN DO INCENDIO DA CIDADE DO SÉCULO XVI Os membros do CLUB DE BALONCESTO SANTO DOMINGO de BETANZOS farán a representación cunha simpática carreira de bocois.

00:00 h Espectáculo de lume e malabares “Errantes” por conta da compañía TROULA Animación. Praza da Constitución

ESPECTÁCULOS VARIOS
Durante toda a tarde haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a feira FAUNO, o grupo de música ACIBREIRA, o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE, o Grupo TROULA ANIMACIÓN con espectáculos de percusión e lume. Ao longo de toda a tarde haberá exhibición de TIRO CON ARCO na adro de Santa María e de CETRARÍA na rúa Nova.
De 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 h

RECUNCHO INFANTIL
Praza dos Irmáns García Naveira
RECUNCHO INFANTIL
Obradoiros e xogos populares para nenos e nenas.
CAMPAMENTO MEDIEVAL
As compañías Especialistas Hípica Celta e Velha Lamparinha realizarán combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais.
SERVIZO DE LOCALIZACIÓN DE NENOS/AS PERDIDOS/AS
Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:30 h e as 21:30 h no posto de información situado na praza dos Irmáns García Naveira.

Sábado 13 de xullo

Feira Franca Medieval

11:30 apertura das paradas
12:00 h Pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS e MALABARES e do grupo de teatro LA RECUA
12:30 h Actuación de Kote Malabar na praza da Constitución e do Mago Gonzálvez no adro de Santa María do Azougue.
13:30 CHEGADA DOS MOUROS AO MANDO DE YUSSUF HAMMAR
Yussuf Hammar ven para esixirlle á cidade de Betanzos as doncelas que ten que entregar ao califa de Córdoba. As mozas mouras que acompañan a Yussuf deleitaranos cunhas fermosas danzas.
17:00 h apertura de paradas
19:00 h REVOLTA IRMANDIÑA
Proclama do mercador Afonso de Carballido, danzas campesiñas por conta da escola de danza Danzarte e a continuación actuación do grupo AZOUGUE da Escola Municipal de Folclore de Betanzos.
20:0 h Actuación de Kote Malabar na praza da Constitución e do Mago Gonzálvez no adro de Santa María do Azougue.
23:00 H Actuación do grupo de danza oriental MAHAILA no atrio da igrexa de Santa María.
24:00 h
Espectáculo de pirotecnia, zancudos, lume e DANZA DOS MORTOS por conta do grupo de teatro LA RECUA.Praza da Constitución

ESPECTÁCULOS VARIOS
Durante toda a tarde haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a feira FAUNO, o grupo de música ACIBREIRA, o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE, o Grupo TROULA ANIMACIÓN con espectáculos de percusión e lume. Ao longo de toda a tarde haberá exhibición de TIRO CON ARCO na adro de Santa María e de CETRARÍA na rúa Nova.
De 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 h

RECUNCHO INFANTIL
Praza dos Irmáns García Naveira
RECUNCHO INFANTIL
Obradoiros e xogos populares para nenos e nenas.
CAMPAMENTO MEDIEVAL
As compañías Especialistas Hípica Celta e Velha Lamparinha realizarán combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais.
SERVIZO DE LOCALIZACIÓN DE NENOS/AS PERDIDOS/AS
Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:30 h e as 21:30 h no posto de información situado na praza dos Irmáns García Naveira.

Domingo 14 de xullo

11:30 h apertura de paradas
12: 00 h praza da Cnstitrución. Xogos populares e tradicionais para nenos e nenas por conta dos membros da CRUZ VERMELLA de Betanzos.
12:30 h Actuación de Kote Malabar na praza da Constitución e do Mago Gonzálvez no adro de Santa María do Azougue.
13:30 h ESCENA DA EXPULSIÓN DOS LEPROSOS Escena desenvida por xente colaboradora da organización e que rememora un feito histórico da cidade.
17:00 h apertura de paradas
18:00 h praza do Campo. TORNEO MEDIEVAL A CABALO
Inclúe exhibición dos cabaleiros, ademais de CETRARÍA e espectáculo de danza polas mozas colaboradoras da organización e a escola de danza DANZARTE.
20:00 h Actuación de Kote Malabar na praza da Constitución e do Mago Gonzálvez no adro de Santa María do Azougue.
23:00 h Espectáculo por conta do grupo de teatro LA RECUA. Praza da Constitución

ESPECTÁCULOS VARIOS
Durante toda a tarde haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a feira FAUNO, o grupo de música ACIBREIRA, o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE, o Grupo TROULA ANIMACIÓN con espectáculos de percusión e lume. Ao longo de toda a tarde haberá exhibición de TIRO CON ARCO na adro de Santa María e de CETRARÍA na rúa Nova.
De 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 h

RECUNCHO INFANTIL
Praza dos Irmáns García Naveira
RECUNCHO INFANTIL
Obradoiros e xogos populares para nenos e nenas.
CAMPAMENTO MEDIEVAL
As compañías Especialistas Hípica Celta e Velha Lamparinha realizarán combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais.
SERVIZO DE LOCALIZACIÓN DE NENOS/AS PERDIDOS/AS
Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:30 h e as 21:30 h no posto de información situado na praza dos Irmáns García Naveira.

Reivindicación dos persoeiros da época e de alternativas

O Photocall que o BNG instalou na rúa da Torre

O Proxecto María Balteira, que na primeira semana de xullo ofrecera un ciclo de recitais e charlas para reivindicar a memoria da soldadeira de Armea representará durante a Feira Franca varias escenas teatrais. Ademais, repartirá un panfleto dando a coñecer a soldadeira e outros persoeiros.

O BNG tamén anuncia que repartirá, un ano máis, un panfleto divulgando as figuras de Fernán Martíns, Xohán Branco e María Péres a Balteira, xunto con propostas para innovar nun programa de festexos que leva décadas petrificado. Os nacionalistas instalarán novamente o seu photocall para que quen o desexe se retrate á moda do século XIV como algún destes tres grandes da historia medieval de Betanzos. Estará na rúa da Torre, o venres de 19 a 21 h e o sábdo de 12 a º14 h.