Modificación do programa de “Vai de rúa” que continua hoxe venres 31 de xullo e mañá 1 de agosto

Vai de rúa

O  Concello comenzou o xoves 30 unha nova edición do Festival  Vai de Rúa. O festival de artes escénicas na rúa terá este ano unha edición especial pola Covid, pero manterá o mesmo espírito co que se iniciou fai cinco anos, é dicir, levar as artes escénicas polos recunchos da cidade..

Haberá outros tres eventos o venres 31,  na Alameda,  ás 13.00 horas, con “César Fritiría”; as 19.00 horas  con “ Jano Costa”  e ás 21.00 horas con “Antón  Coucheiro”.

Algo que volverá repetirse o sábado día 1 ás 13.00 horas, con cambio de localización pola Feira, con Capitán  Garfo. En lugar da Alameda, a actuación terá lugar na contorna da igrexa de Santa María; Ese mesmo día 1 haberá actuacións tamén na Alameda ás 19.00 horas con “ Pajarito”; ás 21.00 horas coa Compañía  Entremáns e as 21.15 coa actuación do Mago Martín  Camiña.