Mañá reabren os albergues do Xacobeo para que o Camiño inglés tire do turismo

Un peregrino facendo o Camiño Inglés ao seu paso polo Coto

O día 1 de xullo está marcado no almanaque como o da reapertura dos albergues da rede pública ao longo dos Camiños a Compostela. A sociedade de xestión do plan Xacobeo, titular dos mesmos, non conta con grande afluencia, mais agarda devolver de a pouco a normalidade.

A medida afecta, obviamente, ao albergue de Betanzos, na rúa da Pescadería. Cando pechou, o executivo local demandaba insistentemente melloras para devolvelo á súa máxima capacidade.

A pouca afluencia ao Camiño preocupa. Tanto a Deputación como a Asociación de Concellos do Camiño Inglés traballan en medidas para que a ruta, que atravesa a provincia coruñesa cara Compostela, funcione como incentivo a un turismo sen masas, ao aire libre e en plena natureza.