Máis de 130 voluntarios da Cruz Vermella cítanse en Betanzos

cruzvermella

Un intre do encontro. En primeiro plano, o concelleiro de cultura en funcións (coa man na boca), e a alcaldesa en funcións

Betanzos acolleu o pasado sábado o Encontro Provincial de Voluntariado de Cruz Vermella. Na cita participaron máis de 130 persoas voluntarias das asembleas da entidade na Coruña, Betanzos, Boiro, Carballo, Ferrol, Riveira, Sada e Santiago.

O evento é unha cita anual na que se recoñece o compromiso do voluntariado, e na que se reflexiona sobre o seu papel na sociedade.

Os participantes realizaron unha visita ao centro histórico de Betanzos, un paseo en barco ata os Caneiros e unha visita cultural ao Centro Internacional de Estampa Contemporánea.