Instalan portas automáticas nas oficinas xerais do Concello, no Edificio Arquivo

Taxis ante o Edificio Arquivo

O Concello está a levar a cabo diversas obras de mellora das instalacións das oficinas municipais antes de comenzar a actividade municipal que se realizará en varias fases durante o vindeiro mes de xuño. Trátase de obras que xa estaban proxectadas pero que agora se aceleraron máis coincidindo coas distintas fases de desescalada xa que “servirán para mellorar tamén a seguridade en canto a distancia social e a poñer en marcha o sistema de cita previa para atender aos veciños e veciñas con fin de evitar esperas innecesarias e non formar pequenos grupos o que redundará en beneficio tanto dos veciños e veciñas como dos traballadores municipais”.

As obras céntranse nestes momentos na instalación de portas de acceso as oficinas municipais do Edificio Arquivo. Con elas se subtitúe o peche exterior das oficinas formado ata o de agora por paramento lixeiro con portas abatibles de xiro vertical e fixos, por unha carpintaría de aluminio e vidro con cámara ca instalación de portas corredoiras que permitan o paso cómodo a todas persoas, e de paso potencien a transparencia cara ao interior e a percepción da entrada dende o interior.

Na zona de acceso habilitarase un espazo para os veciños e veciñas por si é necesario agardar turno. A idea é que as visitas se fagan con cita previa, para continuar coas normativas de seguridade establecidas. As que, por distintos aspectos, non se poidan establecer con cita previa, fixaranse horarios para que poidan tamén ser atendidos.

Obras incluídas nun plan provincial anterior á crise

Estas obras forman parte dun proxecto que incluiu actuacións en varios edificios municipais. Como o propio Liceo, o Claustro do antigo Convento de San Domingos e Cine Alfonsetti. No edificio Liceo as obras incluiron a reparación da fachada na que se sitúa o acceso á planta principal, con unha humidade que chega ao interior e atópase cun enfoscado de cemento e unha pintura non permeable e a mellora do lucernario para paliar o efecto invernadoiro cunha laca reflectante pola cara exterior que garante a diminución de temperatura en 6-7 graos no interior respecto da orixinal, e na instalación dun “tamiz” na cara interior que transforme a imaxe industrial actual do lucernario nun rico xogo de luz e sombra.

No Cine Alfonsetti os traballos estaban centrados no pavimento do mesmo como no corredor pegado ao Claustro de San Domingos. O pavimento de formigón pintado da sala do Cine presentaba un cambio de aspecto e cor con manchas esbrancuxadas xeneralizadas e outras máis localizadas de graxa, así como algunha greta de movemento.

Neste sentido, se repararon as fendas con morteiros e para eliminación da capa superficial lixado con diamante ata obter unha capa limpa e fina. En canto ao Claustro de San Domingos realizaronse algunhas actuacións de pintado do que permiten a transpiración dos muros e manter e recuperar o seu aspecto orixinal.