Inician os traballos para substituír o reloxo da torre do Campo

Igrexa e torre de San Domingos desde o palco, Imaxe de Turgalicia

Operarios dunha firma especializada comezaron onte os traballos para a substitución das dúas esferas do reloxo da torre de San Domingos, célebre por marcar o momento exacto en que o globo de San Roque parte cara as estrelas. A renovación dos dous reloxos que ocupan as caras vistas do campanario recabou a atención de moitas persoas que atravesaban a praza ao longo do día, tanto pola curiosidade por ver a estética das novas esferas- similares ás substituídas- como pola presenza do guindastre azul de grandes dimensións que requeriu o balizado de parte do Campo.

As tarefas proseguiran ata a posta a punto do reloxo, que ultimamente xa non daba correctamente as horas.