Ileso o conductor dun tráiler sinistrado na A6 sobre a autovía de Infesta

A factoría de Betanzos HB, a carón da rotonda de Infesta

Ás 4 da madrugada do pasado venres un tráiler envorcou derramando combustible nun dos carrís da A-6 dirección A Coruña á altura de Betanzos. O conductor saíu ileso do camión.

A causa do sinistro, a Garda Civil viuse obrigada a cortar un dos carrís e a derivar a circulación entre a saída e a entrada da autovía A6 na rotonda de Infesta, establecendo un bypass mentres duraron as tarefas de retirada, que incluíron a utilización de materiais absorbentes para conter o combustible derramado. Parte do gasóleo foi transvasado a bidóns e retirado por un camión cisterna.