Identifican e multan grazas a un video de youtube por conducción temeraria

Interior do cuartel da policía local. Concello.

Un video de conducción temeraria colgado na popular canle de videos Youtube serviu para identificar e denunciar a un conductor de Santiago. Foi identificado a través do video doutra persoa, que grababa a retención provocada na avenida da Coruña polas obras da Ribeira.

O autor do video estaba parado nun atasco o pasado 23 de maio, ás 19.46 horas, e estaba a gravar a retención “derivada das obras de mellora do barrio da Ribeira”. Entón un Mercedes convertible gris con dous ocupantes adiantou a toda a fileira de vehículos que se atopaban parados na avenida.

Na manobra, o coche invadiu o carril contrario, de modo que podería impactar con algún vehículo se, nese momento, algún circulase en dirección saída da cidade, segundo explica o Concello de Betanzos.

A grabación chegou ao departamento de comunicación do Concello de Betanzos, que derivou as imaxes á Policía Local, ao punto de identificar ao condutor como veciño de Santiago.

A Policía Local impúxolle unha sanción de 500 euros e tamén a perda de seis puntos do carné de conducir.

O home que rexistrou a infracción retirou o vídeo da web e pechou a súa conta en Youtube, polo que non está dispoñible xa.