Guía para non perder nada no San Roque 2019

Concerto da Banda en Santa María. Fotografía do Concello

Co concerto Cidade de Betanzos desta noite ás 21 h na Igrexa de Santiago, partillado pola Banda Municipal, a Coral Polifónica e a Agrupación Carlos Seijo dánse por iniciados os festexos patrnais de San Roque, que terán estrea oficiosa co pregón e o garelazo mañá ás nove do serán.

Durante a pasada fin de semana moitos eventos deportivos e o acendido das arcadas luminosas dan xa aspecto festivo á cidade, que se prolongará ata entrada a noite do vindeiro día 25 de agosto. Neles a tradición, representada por elementos centenarios como danzas gremiais, mómaros e coca, o globo ou os Caneiros daranse a man con propostas actuais, no musical e no deportivo. O goberno local asegura que serán especiais, por coincidir co 800 aniversario do traslado desde Tiobre da cidade.

A seguir reproducimos o programa oficial dos festexos, literalmente. E posteriormente recollemos tamén outras propostas de diversas entidades e colectivos.

Programa oficial das festas de San Roque 2019

Mércores 14 de agosto

[20.15 h] Coroación da Raíña das Festas

Mómaros e danza de mariñeiros no Campo

Saída dende o Edificio Liceo da comitiva formada por: Escola Municipal de Folclore e Grupo Azougue, grupo de gaitas Os Brigantinos, Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo con danzas de mariñeiros e labradores (maiores, nenas e nenos); a raíña das festas, damas e acompañantes; a pregoeira, a corporación local, escoltada pola garda da Policía Local e unha escuadra do rexemento de Betanzos, os alguacís seguidos de personalidades e a Banda Municipal de Música. O percorrido transcorrerá pola Rúa Emilio Romay, estrada de Castela, Porta da Vila e Rúa do Castro ata a Praza da Constitución.

[20.30 h] Coroación e lectura do Pregón.

Praza da Constitución. Coroación da raíña das festas 2019 Paula Brea Germade, pola alcaldesa, María Barral Varela. Lectura do Pregón a cargo da presidenta do Centro de Betanzos en Bos Aires Beatriz Lagoa Veiga. A alcaldesa disparará o Garelazo 2019 e soltaranse pombas como símbolo de paz e de liberdade. Ao remate, na Sala Capitular, a alcaldesa e a corporación ofrecerán unha recepción á pregoeira, á raíña das festas e á súa corte. Ao finalizar, a comitiva desfilará de novo ata o edificio Arquivo.

[23:00 h] Actuación do grupo HUELLA que fará versións da
música pop-rock española.

[00:30] Tributo a un dos grupos máis emblemáticos da música española. LO MEJOR DEL ÚLTIMO composto entre outros artistas polo baixista e o batería da formación orixinal, tocarán os temas máis famosos de Los Burros, El último de la Fila e Manolo García.

Xoves 15 de agosto

[09.30 h] XVIII Trofeo Internacional de caza Cidade de Betanzos. Organizado polo Clube de Caza San Huberto. Concentración
de participantes ás 08.00 h no Café Bar Capitol.

[10.00 h] IV Trofeo Festas do San Roque de ciclismo. Saída e meta no Pasatempo

[18.30 h] Coroación da raíña infantil

A alcaldesa coroando a raíña das festas. Colectivos feministas cuestionan que o acto se manteña malia o contido do plan de igualdade

Saída da comitiva da raíña infantil dende o Liceo ata a Praza da Constitución. Forman a comitiva: Escola Municipal de Folclore, Grupo Azougue, grupo de gaitas Os Brigantinos, Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo con danzas de mariñeiros e labradores (maiores, nenas e nenos), grupo de danzas Virgen de la Antigua de Alberite (A Rioxa); a raíña infantil e a súa corte de honra, o pregoeiro, a corporación local escoltada pola garda da Policía Local e unha escuadra do rexemento de Betanzos, os alguacís seguidos de personalidades e a Banda Municipal de Música. O percorrido transcorrerá pola Rúa Emilio Romay, estrada de Castela, Porta da Vila, Rúa do Castro e Praza da Constitución.

[18:45 h] Coroación e lectura do pregón infantil

Coroación da raíña infantil, Aitana Campos Cupeiro pola alcaldesa, María Barral Varela. Lectura do Pregón Infantil polo mozo betanceiro José Varela García. Trala coroación haberá unha recepción á raíña, á súa corte e ao pregoeiro infantil na Sala Capitular.

[9:25 h] Acto relixioso.

Saída da comitiva acompañada pola Banda Municipal de Música ata a Igrexa de Santa María do Azougue, copatroa da cidade, onde terá lugar unha misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Betanzos. Ao remate da misa, os grupos folclóricos irán en procesión á igrexa de San Domingos portando a imaxe de Santa María. Para finalizar, a comitiva voltará de novo á Casa do Concello.

[23.00 h] Verbena. Actuación na Praza Irmáns García Naveira da orquestra PANORAMA

Venres 16 de agosto

[18:00 h] FÚTBOL LII Trofeo San Roque de Fútbol. No Estadio García
Irmáns. Enfrontaranse o Betanzos CF e o Silva SD

[19:00 h] Acto relixioso. FUNCIÓN DO VOTO.

Concentración de grupos musicais na Praza da Constitución para o desfile da Función do Voto que se celebrará na Igrexa de San Domingos. A Misa solemne será cantada pola Coral Polifónica de
Betanzos. A comitiva, presidida pola alcaldesa, sairá da Casa do Concello e estará formada pola corporación local, as raíñas das festas e as súas cortes de honra, a escuadra do rexemento de Betanzos, a Policía Local, maceiros e e alguacís; a Banda Municipal de Música de Betanzos, a Escola Municipal de Folclore e o Grupo Azougue, o Grupo de Gaitas Os Brigantinos, os mómaros e cabezudos e as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo, con danzas de mariñeiros e labradores (maiores, nenas e nenos) e o grupo
de danzas Virgen de la Antigua de Alberite (A Rioxa). O percorrido
transcorrerá pola Rúa do Castro, Porta da Vila e praza dos Irmáns
García Naveira ata chegar á Igrexa de San Domingos. Ao finalizar o acto relixioso, regresarán á Praza da Constitución, onde actuarán os diferentes grupos.

[22:30 h] Verbena na praza dos Irmáns García Naveira a cargo da orquestra SUPERFAMA que interromperá a súa actuación para proceder ao lanzamento do Globo.

[23:30 h] Lanzamento do GLOBO DE BETANZOS.

Unha bomba de palenque anuncia a saída do Globo de Betanzos
dende o Cine Alfonsetti para o seu inchado e lanzamento baixo a dirección dos sucesores de Claudino Pita. Queima da Fachada de San Roque, rematando cunha sesión de fogos de artificio. Posteriormente a orquestra SUPERFAMA continuará coa verbena.

En previsión da gran afluencia de xente, Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes un servizo
gratuíto de localización de nenos/as perdidos/as que se desenvolverá entre as 19:00 h do día 16 e a 01:00 h do día 17 na Praza Irmáns García Naveira

Sábado 17 de agosto

Un partido do Betanzos C.F. feminino. Imaxe do clube

[20.00 h] III Trofeo San Roque de Fútbol Feminino no estadio do Carregal

ACTUACIÓNS MUSICAIS na Praza dos Irmáns García Naveira
[22.30 h] A banda coruñesa EXIT ofrecerá un concerto con grandes temas clásicos do rock de todos os tempos.

[00.00 h] A banda coñecida como DOS PÁJAROS Y UN TRÍO ofrecerá un concerto tributoa Joa quín Sabina e Joan Manuel Serrat, dous dos máis grandes cantautores do panorama musical español. O grupo está composto por máis de dez músicos, algúns dos cales teñen participado en xiras cos artistas orixinais.

Domingo 18 de agosto: Primeira Xira aos Caneiros

[12.00 h] Comezo dos embarques no Paseo da Tolerancia. Animarán aos romeiros aCharanga NBA e a Charanga DGT. No Campo dos Caneiros haberá animación musical e actuará a Charanga NBA.

Lancha dos caneiros engalanada con hortensias

[17.00 h] Saída da embarcación Municipal cara a Os Caneiros coa raíña das festas e a súa corte, representantes da Corporación Municipal e personalidades convidadas

[23.00 h] Sesión de fogos pirotécnicos acuáticos e aéreos na Ponte Vella.

[23.30 h] Verbena na Praza dos Irmáns García Naveira a cargo da Orquestra GALILEA

Luns 19 de agosto

Prezos reducidos nas atraccións

[18.00 h] Xornada de prezos reducidos nas atraccións da praza dos Irmáns García Naveira. O Concello en colaboración coas atraccións das festas porá a disposición das nenas e nenos as diferentes atraccións a un prezo máis económico do habitual.

[20.00 h] X Trofeo Cidade de Betanzos de Fútbol. Estadio García Irmáns.  Betanzos CF- UD Paiosaco

[21.00 h] I Triangular de Fútbol Sala Sénior Masculino “Betanzos, 800 anos”. Pavillón Municipal do Carregal

Martes 20 de agosto

Verbena de Entroido no Campo o Domingo de Entroido

[17.00 h] FESTA INFANTIL no auditorio do Pasatempo con inchables por conta da empresa Galiocio. En caso de mal tempo a festa será nas pistas anexas aopolideportivo municipal.

[23.00 h] Na Praza Irmáns García Naveira actuará a orquestra PARÍS DE NOIA.

Mércores 21 de agosto

[17.00 h] Segunda xornada da FESTA INFANTIL no auditorio do Passatempo con inchables por conta da empresa Galiocio. A xornada rematará cunha festa da escuma. En caso de mal tempo a festa será nas pistas anexas ao polideportivo municipal.

[20.30 h] CONCERTO de música clásica no Claustro do Museo das Mariñas por conta do afamado grupo de saxofóns SAX ANTIQUA. En caso de mal tempo o concerto trasladarase á igrexa de Santiago

Xoves 22 de agosto

Un concerto en San Francisco

[20.00 h] XVIII Trofeo San Roque de Veteranos de Fútbol no estadio do Carregal. Competirán os equipos de Piadela, Betanzos Norte e Brigantium na modalidade de triangular.

[21.00 h] Por primeira vez en Betanzos, actuando ao aire libre na Praza dos Irmáns García Naveira. Concerto da ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA co patrocinio de ABANCA e con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade.

Venres 23 de agosto

[22.30 h] Praza dos irmáns García Naveira. Actuación do conxunto
galego máis internacional da música de orixe popular, galardoado en diferentes foros musicais ao longo de todo o mundo. Con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade, Betanzos acollerá o concerto de MILLADOIRO.

Sábado 24 de agosto

Danza de xastres durante o acto oficial do 800 aniversario. Concello

DÍA DE SAN PAIO Celebración da romaría de Tiobre que contará coa
actuación de conxuntos de gaitas  no campo da festa.

[22.15 h] Na Praza García Irmáns concerto do cantautor coruñés
CARLOS BAU que interpretará versións de grupos españois do
pop rock dos 80 e estreará o tema que el mesmo compuxo adicado ao 800 aniversario do traslado da cidade.

[23.30 h] concerto de LUZ CASAL na Praza dos Irmáns García Naveira que ofrecerá temas tan coñecidos como “Loca”, “Te dejé marchar”, “Rufino”, “Piensa en mi”, “Un año de amor” ou “No me importa nada”. Actuación enmarcada na celebración do 800 aniversario do traslado da cidade

Domingo 25 de agosto: segunda Xira aos Caneiros

Un lanchón areeiro participando o pasado ano nos Caneiros

[12:00 h] Comezo dos embarques no peirao do Paseo da Tolerancia. Animará aos romeiros a Charanga N.B.A e a Charanga DGT. No
Campo dos Caneiros haberá animación musical e actuará tamén a charanga N. B. A.

[17:00 h] Saída da embarcación Municipal cara a Os Caneiros con representantes de diferentes asociacións betanceiras

[23:00 h] Ao retorno dos Caneiros, na Ponte Vella, sesión de Fogos pirotécnicos acuáticos e aéreos.

[23:30 h] Verbena na Praza dos Irmáns García Naveira a cargo da Orquestra LA BOMBA

Romaría dos Americanos

A Asociación de Amigos do Pasatempo organiza novamente este ano a Romaría dos Americanos, unha festa que pretende recrear a época en que Juan García Naveira comezou a construír o parque. Varias actividades devolverán a parte nova do recinto- pois o xardín histórico vai para un ano que está pechado- a finais do século XIX. Piden que se acuda con vestido da época.

Homenaxe a Antolín Faraldo

O monumento dedicado a Antolín Faraldo

O BNG comarcal trasladou a homenaxe a Antolín Faraldo, dentro dos actos que a organización celebra en todo o país conmemorando o Día da Galiza Mártir, para o 30 deste mes. A cita será no monumento ao líder protonacionalista, ao pé da Ponte Vella.

Xornal de Betanzos non se actualizará festivos e fins de semana

Como ven sendo habitual, Xornal de Betanzos non se actualizará nas xornadas festivas nin durante as fins de semana, por descanso do equipo. A información de actualidade retornará ás pantallas fielmente os días laborables. Desexamos aos nosos colaboradores, lectores e críticos unhas boas festas de San Roque.