Goberno local e Xunta inician a limpeza do León do Pasatempo

Acto vandálico no Pasatempo

O goberno local anunciou onte que contratou os traballos de limpeza do León Colosal do Pasatempo, que foi obxecto de varias pintadas hai uns meses. O executivo local asegura que os traballos recibiron hai un par de semanas o visto bo do Consello Territorial de Patrimonio da Xunta.

Para levar adiante os traballos, seguindo as directrices dun técnico de patrimonio, destacan que se procedera á “limpeza das pintadas con técnicas nas que se utilizan axentes químicos, xeralmente aplicados en disolucións que atacan a mancha e a disgregan”. Isto é, aplicando disolventes.

Pintada nos murais orixinais do Pasatempo

A Asociación de Amigos do Pasatempo, cando o executivo local anunciou que pedira autorización para facer a limpeza do león, cuestionou a opción. “El parque ha sufrido de la acción de vándalos armados con spray desde hace muchos años” recordaban. “Desde la Asociación nos preguntamos si los grafitis que llenan las cuevas y varios muros del parque no os parecen dignos de limpiar. Son elementos con má de 100 años, el León, con apenas 30 años, no tiene más que un valor simbólico, pedimos el mismo cuidado en todo el parque” reprochan.

A obra anunciada polo executivo local cínguese ao león colosal, unha peza elaborada na cuestionada reconstrucción acometida polo goberno do PSOE nos anos 90. A nova peza, para cuxo emprazamento foron demolidos todos os vestixios do coloso orixinal, foi deseñada por Francisco Escudero, segundo no seu momento publicou o executivo local no xornal El Concello Betanceiro. Carece de valor patrimonial, ao contrario dos murais orixinais que continuarán de momento coas pintadas.