Fomento instala unha nova mediana na A6 en Infesta

O polígono industrial de Piadela, rodeado pola autovía. Google Maps.

O goberno central prosegue coa súa chuvia fina de contratos menores para obras que levan anos demandándose na comarca. Esta semana tocoulle, a través do mesmo Ministerio de Fomento. A través da Demarcación de Estradas adxudicou un contrato menor para construír unha barreira metálica na mediana da autovía A-6 á altura de Infesta.

O contrato sacouse por 35 894 euros e adxudicouse por uns 300 euros menos. A bionda colocarase no quilómetro 567 da autovía, á altura da saída de Infesta; e no outro sentido, un pouco antes, no quilómetro 566,4.