Ferido tras caer desde catro metros de altura nas Cascas

A ponte vella das Cascas

Un home resultou ferido na mañá de onte tras caer dunha escaleira mentres traballaba a unha altura de catro metros. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon nas Cascas, sobre as 9,35 horas deste luns.

Segundo informa Europa Press, un particular contactou co 112 Galicia para informar do ocorrido. Mobilizáronse as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Unha ambulancia de soporte vital avanzado que trasladou ao Hospital A Coruña ao operario ferido, V. M.V. N., de 47 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.