Familiares e usuarios do SAF acusan a Barral de “poñer escusas” para non actuar

Barral nun pleno, flanqueada por Andrés Hermida (esquerda) e Diego Fernández (dereita)

Familiares e usuarios do servizo de axuda no fogar (SAF) agrupados na plataforma de usuarios do servizo de axuda no fogar recriminaron ao goberno Barral que só ande a “poñer escusas” para xustificar o atraso en iniciar os trámites para contratar a unha nova empresa. O actual contrato do SAF finaliza o 23 de setembro e o goberno socialista anunciou que pretende realizar unha contratación de urxencia.

“Din que os trámites son moi complicados, pero tiveron un ano enteiro para tomarlo en serio e non facer as cousas a correr, porque por avisos non foi”, denuncian.  O colectivo denuncia deficiencias no SAF “desde hai anos”- un estremo que María Barral volveu negar no pleno da pasada semana asegurando que como “non constan nos informes” dos técnicos municipais, estes problemas non existiron ata hai dez meses.