Falece o que foi crego de Requián, José Mato Amado

Vista da parroquial e o pazo de Piadela

O crego emérito das parroquias de Santiago de Requián e San Estevo de Piadela, José Mato Amado, faleceu o pasado martes aos 82 anos. O enterro tivo lugar este xoves ás 12.00 en Santiago de Requián.

Mato, nado en Ponteceso, levaba de párroco nestas dúas freguesías betanceiras desde 1964. En 2014 unha comida e unha celebración litúrxica conmemoraron os seus cincuenta anos de pastoral nelas, cun xantar no pavillón de Guiliade con máis de 400 persoas.