Este venres o Liceo acolle a Homemaxe a Rosalía

Este venres, 28 de febreiro, ás 19:00 h na Aula Municipal de Cultura terá lugar a xa tradicional homenaxe a Rosalía de Castro que a Asociación Cultura Eira Vella e o Concello de Betanzos organizar nestas datas para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 2020. Nesta particular lembranza á escritora galega máis universal participará o alumnado do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín e do IES As Mariñas, así como a Asociación Lar de Unta, o Coro de Coirós, o Grupo Azougue da Escola Municipal de Folclore e, por suposto, a Asociación Cultura Eira Vella.

Esta homenaxe será conducida por Mariña Erias e Javier Castro, ambos os dous alumnos do IES As Mariñas, que lle darán paso aos nenos e nenas de educación infantil e primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, e mais aos alumnos e alumnas da ESO deste último centro que lembrará á escritora coa retrospectiva “Rosalía en nós”. Tamén haberá tempo para a música por conta do alumnado de secundaria do IES As Mariñas e do Coro de Coirós, e para o baile co Grupo Azougue. Representantes da Asociación Lar de unta lerán o manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galegas “Ambos errantes polo mundo andamos”, de Daniel Asorey, así como creacións propias arredor da figura rosaliana. A Asociación Eira Vella, como coorganizadora do acto terá tamén cun espazo para as lembranzas, da man de Manuel Dans, o seu presidente, Mariña Longueira e Pepe Dopico.

Esta Gala de homenaxe a Rosalía de Castro, que reúne música, baile e lembranzas é un espazo de encontro arredor da figura rosaliana que demostra que está máis viva ca nunca grazas a todas e todos os participantes que se achegan á Aula de Cultura para pór de manifesto a importancia da súa obra e a pegada do seu legado nesta data de celebración arredor do Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro.