Este venres abre o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Folclore (EMUF)

Os participantes no encontro. Foto da EMUF

Desde este venres, día 13, ata o vindeiro día 26, as persoas interesadas en inscribirse nas distintas disciplinas da Escola Municipal de Folclore (EMUF) poderán cursar a súa solicitude nas Oficinas Xerais do Concello, no Edificio Arquivo, en horario de oficina, de 09:00 h a 14:00 h.

As modalidades ofertadas son ensino integrado de baile e pandeireta; baile e danzas tradicionais; pandeireta e canto tradicional; gaita; percusión tradicional; agrupacións: EMuF, Untia e Azougue; e Grupo Azougue.