Entregan ao Concello a partitura orixinal de “Historias de la antigua Untía”

Concerto da Banda en Santa María. Fotografía do Concello

O Concello celebrou a pasada fin de semana un acto público de recepción da obra musical “Historias de la antigua Untía”, unha creación composta por David Rivas.

A peza foi creada para a Banda Municipal con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade e verá a luz o próximo 13 de agosto no Concerto Cidade de Betanzos.