Edición de libros de fotos e postais de Nadal, plan da Aula CeMIT en decembro

Acceso á Aula CeMIT, no antigo convento de San Domingos

A Aula CeMIT organiza tres novos obradoiros para o mes de decembro. O primeiro será Iniciación á informatica, que terá lugar durante os días 2, 3, 4 e 5 de decembro. O horario será de 16:30 h a 18:00 h.

Despois chegará o turno dos obradoiros para crear libros de fotos, os días 9, 10 e 11 de decembro, e o de postais, o 12. En ambos casos, o horario será de 16:30 h a 18:00 h. Información e inscricións na propia aula, no antigo mosteiro de San Domingos.