Detidas dúas persoas polo roubo dunha moto de auga

Cuartel da Garda Civil en Betanzos. Google Maps

A Policía Xudicial de Garda Civil de Betanzos detivo a dous homes, un betanceiro e un pontevedrés, investigados pola substracción dunha moto de auga. Os detidos terían permutado a embarcación por un vehículo e posteriormente, segundo o instituto armado, terían denunciado o seu roubo.

Unha empresa portuguesa denunciou a finais do pasado ano o roubo da moto de auga por parte dun veciño de Betanzos e finalmente descubriuse que á moto realizáranselle modificacións estruturais sen consentimento do seu propietario para cambiala por un coche de alta gama, outra moto de auga e 18.000 euros en metálico.

Tras cambiala, o detido denunciou o roubo da moto de auga demandando ao seguro 10 000 euros, que a compañía abonou.  Por iso, a Benemérita procedeu á detención do veciño de Betanzos como presunto autor dun delito de apropiación indebida, pola apropiación da moto de auga da empresa lusa, outro de estafa pola reclamación á empresa de paquetería e un terceiro contra a Administración de Xustiza, pola interposición da denuncia falsa polo suposto roubo. Tamén foi detido o veciño de Pontevedra como presunto autor de dous delitos de roubo.