Desde hoxe reabren as oficinas de Servizos Sociais con cita previa

Servizos Sociais está nas Escolas do Asilo

O goberno local anunciou que comenzará desde hoxe mesmo o plan de reinicio da actividade nos distintos departamentos municipais. Tras abrir a biblioteca municipal, o arquivo e o Museo, agora, o seguinte será Servizos Sociais, coincidindo, ademáis, ca apertura dos prazos legais de varias prestacións municipais que dependen desta área.

A alcaldesa, María Barral, explicou que este departamento, pola situación xerada pola Covid-19 e a afectación social que está a ter, ampliará os horarios de atención ao público “para cubrir a demanda que está a xenerar esta crise e atender as consultas que quedaran pendentes”. Ao mesmo tempo, reanudaránse ou abriranse, en función do servizo, os prazos de solicitude para comedor escolar, campamentos de verán, e a escola infantil municipal, priorizando en todos os casos atención telemática.

O Concello estableceu un protocolo de funcionamento do servizo atendendo as distintas fases de desescalada e volver a acadar a normalización da actividade, garantindo unha correcta atención á cidadanía con total seguridade e protección tanto para o persoal como para as persoas atendidas.

A partir do día 1 incorporarase presencialmente todo o persoal pertencente ao equipo de servizos sociais comunitarios. A atención ao público realizarase en horario de mañá e tarde, polo que durante o mes de xuño o persoal traballará a turnos. Esta organización permitirá reducir os tempos de espera das persoas para ser atendidas e cumplir coas limitacións no aforo. As citas solicitaránse únicamente por via telefónica ou a través do correo electrónico habilitado para tal fin. A porta de acceso permanecerá pechada, utilizando o timbre para acceder ás dependencias e sempre con previa cita.

Por outra parte, o día 3 abrese o prazo para o servizo de comedor escolar para o vindeiro curso escolar e campamentos urbanos. As solicitudes realizaranse obrigatoriamente de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello. Para caso dos campamentos, ainda que serán municipais, seguiranse as especificacións que marque á Xunta en materia de organización, en canto, entre outras cousas, a número de nenos por grupos.

Tamén se reiniciará o prazo para solicitar praza na escola municipal infantil, que quedou paralizado como consecuencia do estado de alarma.