Denuncian os danos do xabarín en cultivos de Castro

Un xabarín

Veciños de Castro denunciaron onte os danos que os seus cultivos padecen a causa do xabarín. Tras manter unha xuntanza coa alcaldesa betanceira, esta comprometeuse a facer chegar a situación á Consellería de Medio Ambiente para que se tomen medidas.

Recordan que a zona afectada en Castro-Pontellas está a carón do espazo natural da Rede Natura 2000 que conforma a ría brigantina, polo que está prohibido cazar nese lugar.

Demandan a colocación de  gaiolas para a captura dos xabaríns na zona, unha medida que a Xunta está a tomar noutros puntos do país pero que na comarca aínda é inédita.

Agricultores de toda a comarca teñen amosado o seu malestar pola incidencia do xabarín nos seus cultivos.