Denuncian o deterioro do Pasatempo a causa dos traballos paralizados

A Asociación de Amigos do Pasatempo alertou dos danos que están a supoñer no centenario parque as paralizadas obras de reparación do estanque do retiro, que de desplomou hai uns meses.

Advirten que a pesar de levar 180 días pechado para supostos traballos de rehabilitación, hai “xente entrando continuamente” debido ás deficientes medidas adoptadas polo executivo local. A entidade denuncia que desde o goberno socialista “usaron os nosos cartos para ir a FITUR a promocionar un turismo local ao que lle esconden unha das súas xoia”.

Ironicamente se cuestionan se pensan que “por que estea pechado imos esquecernos do problema que supón o parque”. Con esta denuncia, a entidade que vela pola conservación do parque enciclopédico publica unha galería fotográfica na que se pon en evidencia o amoreamento dos elementos do estanque que supostamente ían ser repostos, apaños con encofrados groseiros de formigón, elementos desprendidos mal suxeitos con bovedillas de polispán, etc.

Dóense de “ver o parque abandonado, sen ninguén traballando nel e soportando mentiras de proxectos, anteproxectos e inversións”. Reproban as visitas furtivas para cazar gústames nas redes sociais, as pedras amoreadas sobre mosaicos únicos, moreas de entullos e plásticos no vaso do estanque…. Pregúntanse se quedará algo que amañar cando cheguen os investimentos.

Polémica nas redes con simpatizantes do PSOE

A crítica lanzada pola asociación non sentou ben na base do partido gobernante a xuntar polo ton das contestacións que algunhas persoas escribiron no perfil na rede social facebook da entidade. Gábanse de que se o Pasatempo chegou a hoxe é porque o adquiriu e reconstruíu o goberno local, mais rexeitan as críticas pola destrución da parte baixa do parque para a construcción que o PSOE proxectara no CArregal.