Demandan a fin dun vertido ao Mendo

Imaxe de arquivo dun verquido no Carregal. Fotografía remitida polo BNG

O PP demandou ao goberno local a fin dun vertido ao río Mendo, no entorno das Cascas. Exixen que o executivo municipal actúe “de inmediato” para poñer fun ao vertido de “augas sucias, cargadas de sólidos e graxas” que se percibía no río no entorno do Pasatempo.

Segundo o PP, entre a zona industrial da circunvalación e o parque, os edificios verten directamente á canle do río Mendo. Non hai moito, o BNG advertiu doutro vertido na zona, demandando a Xunta e Concello que en uso das súas atribucións puxeran fin a esta situación, que de maneira recorrente enche o río de vertidos.