Deceas desafían a chuvia para repudiar o último feminicidio, mentres o goberno local non convoca concentración

Máis dunha trintena de cidades e localidades galegas acolleron mobilizacións contra a violencia machista e en lembranza de de Manuela Iglesias, de 79 anos, última vítima por feminicidio no noso país. Betanzos, da man do Colectivo Feminista das Mariñas, chamou a secundar a concentración, cunha convocatoria para as oito do serán de onte no Cantón Claudino Pita.

Varias deceas de persoas, nomeadamente mulleres de todas as idades, secundaron o chamado do Colectivo Feminista, que mais unha vez denunciou que “seguimos sen estar seguras e porque seguimos sen poder ser completamente libres” e exixiu políticas decididas.

O goberno local non convocou desta vez o minuto de silenzo que tradicionalmente viña facendo ás 12 da maña despois de cada asasinato, o que contrasta con outros gobernos socialistas da contorna, que mantiveron as súas convocatorias. Tampouco os membros do goberno participaron na concentración que convocou o Colectivo Feminista das Mariñas no Cantón á tardiña. A apretada axenda da rexedora en Madrid fai pensar que non convocaron poruqe non estaba para a foto a mediodía.