Debate e preentación de libros en Dona Águeda da man do SLG

Unha horta da comarca de Betanzos

A de Dona Águeda, na Cruz Verde, é unha praza con forma de anfiteatro que nunca, excepto o día da súa inauguración, serviu para tal. O Sindicato Labrego Galego, que ten nela a súa sede comarcal, quere aproveitar a súa feitura para presentar, o vindeiro día 10, unha palestra, “Do rural á mesa”; sobre a situación actual do rural na comarca e no país. Participarán Marcial Blanco Castelos, da cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca, Begoña de Bernardo, economisda e presidenta de Véspera de Nada, e María Ferreiro, do SLG.

Será ás 16 h na praza. A seguir haberá a presentación do libro “Historias de vida”, elaborado no marco do programa da escola de apoderamento de mulleres rurais Espadela. Se chover, sería no local do SLG, a carón da praza.