“Danza creativa en familia” o sábado 28 de novembro nos Sábados Miúdos

Unha actividade infantil. Arquivo

“Danza creativa en familia”, é unha novidosa proposta para nenos e nenas de 2 a 6 anos e as familias que chega aos Sábados Miúdos do Concello de Betanzos este sábado 28 de novembro ás 12:00 h no Sala de Usos Múltiples do Edificio Arquivo.

O espectáculo ten 10 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dunha persoa adulta. O prazo de inscrición para o estará aberto en www.betanzos.gal (novas>sábados miúdos) desde o 23 de novembro ás 10:00 h ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no correo electrónico facilitado no momento da inscrición.

O programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados miúdos ateigou este ano 2020 nove espectáculos para os máis pequenos e pequenas con contos, cantigas e lingua para desfrutar en familia. A próxima sesión será o vindeiro sábado 12 de decembro co contacontos “Chimpo de ra” de “Medrando en galego con Nano” con Raquel Queizás dentro do programa Lingua a escena da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do Edificio Arquivo, no teléfono 981 770 011 (ext. 2108) ou no enderezo electrónico normalizacionARROBAbetanzos.net.

“Danza creativa en familia”

Obradoiro de danza creativa en familia que mestura a danza, o apego e a lingua para familias con nenas e nenos de 2 a 6 anos, no que se pretente comezar a descubrir o corpo, explorar, conectar, estimular, respirar e poñer en movemento a lingua, integrando a dinamización lingüística co movemento. O obradoiro será impartido por Laura Rey, de Xanzá Movemento Eco-creativo.