Críticas ao goberno local por anunciar que valorará retirar a pasarela do Pasatempo tras gastar en amañala

O frontal da gruta da Recoleta coa controvertida pasarela en primeiro termo

O goberno local anunciou que reparará a pasarela do Pasatempo, actualmente moi deteriorada pola falta de mantemento durante lustros, e valorará que facer con ela cando o parque enciclopédico sexa rehabilitado. Non será o case un cuarto de millón de euros que o PSOE decidira investir en reparar aproximadamente un tercio da estrutura con cargo ao Plan Único da Deputación do ano 2018.

O gasto fora aprobado nunha sesión plenaria celebrada o 18 de decembro de 3017, grazas aos votos favorables de PSOE, PP, Betanzos en Común e Betanzos Novo. O BNG votou en contra, entre outros motivos a causa de destinar o investimento a obras de mantemento e á reparación da pasarela do Pasatempo e as cámaras do Casco Histórico. No debate, que podes escoitar aquí, outros grupos tomaron o argumento dos nacionalistas de que o groso eran actuacións de mantemento ordinario. Os nacionalistas chegaron a propoñer no pleno considerar a retirada da pasarela, o que lles valeu a descualificación do voceiro de BN, que tildou de “ocorrencia” a proposta de non investir máis dun cuarto de millón de euros na recuperación da pasarela.

O goberno Barral iniciara os traballos para sacar a licitación esta obra antes das eleccións municipais, mais por causas non esclarecidas aínda non foi convocada. Se cadra, detrás está a forte contestación social que o proxecto recibiu por destinar en torno a 260 000 euros para a pasarela cando aínda non se destinara un só euro á rehabilitación do realmente importante, o propio parque. Á negativa do BNG a apoiar o proxecto no pleno seguira unha ampla contestación social que logo refrendaron as conclusións tanto dos técnicos que visitaron o Pasatempo como a declaración como Ben de Interese Cultural, que ven na estrutura e na carretera que salva as principais ameazas para a pervivencia da Horta de Don Juan, canda o propio abandono e falta de atención.

Na altura, a Asociación de Amigos do Pasatempo, na rede social facebook, cualificaba como “pésima noticia” o investimento na pasarela. “Nos hemos reunido en los últimos meses con miembros de TODAS las fuerzas políticas de Betanzos explicándole el peligro inmenso que supone la monstruosa pasarela de acceso al parque (su peso apoya en el muro y techo de la Gruta de ñla recoleta y está echándolos abajo)” explican desde a entidade. “También nos reunimos con políticos de la Xunta, Ayuntamiento y Diputación explicando, entre otros detalles, la urgencia de retirar la pasarela” detallan.

faixa electoral do PSOE na pasatela

Advirten de que “con esculturas a punto de caerse, el templete del Estanque del Retiro y el muro de los azulejos en primer lugar, deciden de nuevo apostar por gastar dinero en los elementos modernos”. Denuncian que se sinten “ignorados” e que “parece que se ríen ante nuestros esfuerzos y consejos, desde ahora más fuerzas políticas y más nombres propios se unen al goteo de maltrato al Pasatiempo. Muchos ya han tenido la fotito con nosotros, pero caso no nos han hecho ninguno”.

Nun ton menos belixerante, a actual equipa directiva da entidade aseguraba onte que “pedimos retirar a pasarela porque destroza o muro orixinal, non está adaptada a persoas con mobilidade reducida e causa un impacto visual negativo cando esa inversión é necesaria para cousas máis urxentes. Ademais o Pasatempo xa ten entradas orixinais e adaptadas”. Aseguraban, abundando nos argumentos técnicos e sen entrar na oportunidade de investir semellante contia neste elemento, que ademais “o tráfico provoca vibracións que favorecen derrumbes, contamina as pezas e causa un impacto sonoro negativo no xardín. É posible desviar o tráfico por outras zonas perdendo menos dun minuto e axudando a mellorar a experiencia do visitante”. “Dúas medidas cas que aforrar cartos e dignificar o espazo” resumían.

O anuncio do goberno local encontrou réplica nas redes sociais e nas tertulias durante o día de onte. Desde a descualificación da pasarela como “mamotreto” ou “adefesio”, a pedir que os cartos que se usarán en remendala sexan empregados en retirala. Ao final, a “ocorrencia” dos nacionalistas, como dixeran hai case tres anos no pleno socialistas e mareas, tiña calado.

A mesma política para as cámaras para o tránsito rodado no Casco Histórico

O PSOE seguiu exactamente o mesmo guión coa adquisición dun lote de cámaras para os accesos ao Casco Histórico dentro do seu plan para recuperar o estacionamento nas rúas da zona monumental. Tras cuestionar a súa compra antes de decidir sobre a mobilidade no corazón da cidade, os socialistas aseguraron que as comprarían con outro plan provincial e logo “xa se vería” como se usaban.