Convocada unha nova edición do concurso de carteis de Nadal

Obra premiada nun concurso anterior.

O Concello de Betanzos convocou unha nova edición do xa tradicional concurso de carteis de Nadal. Como non pode ser doutro xeito, o motivo do cartel será o Nadal. Poderá participar neste concurso todo o alumnado que estea a cursar a educación infantil, primaria e con diversidade funcional nos centros escolares do municipio.

O cartel deberá realizarse nunha cartolina de 40×30 cm con calquera técnica artística. O idioma utilizado no cartel deberá ser o galego. s carteis só poderán realizarse de xeito individual e só poderá presentarse unha obra por autor.

Os carteis deberán indicar na súa marxe inferior dereita o nome do/a autor/a, así como o curso e centro de ensino a que pertence. Poderán presentarse ata o martes 24 de novembro nos centros de ensino onde estuden.

O xurado estará formado pola alcaldesa ou concelleiro no que delegue e un docente de cada centro de ensino. Concederase un primeiro premio ao cartel seleccionado polo xurado, así como os accésits que estime, que consistirán en material didáctico. O cartel escollido será o que ilustre o XXXVIII Programa de festexos do Nadal e
Aninovo do Concello de Betanzos.