Continúan as actividades para recadar fondos para investigar o meduloblastoma

Praza do Concello

Continúan as xornadas benéficas para recadar fondos para a investigación clínica do meduloblastoma que padece Noel, un cativo de Betanzos. Este sábado serán sete grupos os que participarán nun festival para seguir a recadar fondos.

Na sesión vermú, de 12.45 a 15.30 horas, actuarán A banda do camión, Xogo Sucio e Pegada Banda de Rock. Pola tarde, tras xogos populares para nenos, desde as 20.30 horas tocarán Miriam e os Trinaquero Brothers, Under cover Band, Garelos Quintet Jazz e Bebidos Espirituosos.

Ademais, haberá un mercadillo solidario na praza da Constitución de 10.30 a 00.00 horas e ás 19.00, partido solidario de baloncesto.