Concello e Viaqua implantan a factura sen papel para traída e saneamento

A estación potabilizadora (ETAP) no Coto

O Concello e a empresa concesionaria da rede de saneamento e agua, Viaqua, poñen en marcha o proxecto “Factura Sen Papel”, unha iniciativa baseada en tres piares fundamentais: Facer un servizo socialmente responsable, potenciar a dixitalización do servizo para facilitar as xestións á poboación e coidar da nosa contorna fomentando o aforro de papel no proceso de facturación bimestral. A iniciativa comezará a aplicarse este mes de xuño.

Este proxecto, supón un cambio sociocultural moi ligado a situación sanitaria que estamos a vivir, no que tanto o Concello como Viaqua, adáptanse as novas necesidades dos usuarios, potenciando os canais non presenciais, reducindo así o risco de contaxio entre a cidadanía e os propios traballadores e traballadoras do servizo.

Co firme compromiso de ambas entidades garantindo a auga como un dereito social, o aforro que supoña para a empresa a posta en marcha do proxecto “Factura Sen Papel” destinarase a constitución dun Fondo Social ao que se aportará 1€ por cada abonado do servizo. O esforzo que todos os veciños e veciñas de Betanzos fagan por esta dixitalización contribuirá á consecución dun fondo de mais de 8.000 €/ano.

Este Fondo, xestionado desde os Servicios Sociais do Concello, irá destinado a abonar os recibos de auga, a aquelas persoas en situación de vulnerabilidade e/ou en risco de exclusión social.

A factura sen papel é un servizo gratuíto, polo que o cidadán poderá consultar as súas facturas a través da área de clientes da páxina web de Viaqua e arquivalas no seu ordenador para telas sempre ordenadas e accesibles a calquera hora do día. Outras vantaxes da factura sen papel son: a rapidez, xa que recibirá a información do seu recibo no mesmo momento no que se emite a factura; a seguridade, debido a que só o aboado pode recibir os seus datos persoais e de consumo no seu correo electrónico.

Os usuarios poden realizar todas as xestións relativas ao seu contrato de auga en calquera momento e desde calquera dispositivo (ordenador, Tablet ou teléfono móbil) dende as canles non presenciais: Teléfono de Atención ao Cliente: 900 201 230 (de luns a venres en horario de 8:00 a 21:00)
Área de Clientes na web: viaqua.gal Enderezo electrónico: galicianorte@viaqua.gal Servizo de “Cita previa”: Realizando a solicitude a través da web ou do teléfono de Atención ao Cliente. Teléfono de Avarías: 900 201 250 (dispoñible as 24 h. os 365 días do ano).

Goberno local e ocncesionaria destacan que con este sistema todos os veciños e veciñas de Betanzos contribuirán coa mellora do Medio Ambiente, reducindo a chegada aos seus fogares de máis de 48.600 facturas ao ano, reducindo a pegada de carbono có aforro de 6.169 kg de madeira, 96.763 litros de auga e 1.253 kg de CO2 que non se emitirá a atmosfera como consecuencia da produción do actual papel.