Chaman a concentrarse na praza da Constitución contra a liberdade provisional de “La Manada”

A Casa do Concello

A Marcha Mundial das Mulleres convocou concentracións para onte e hoxe en resposta á decisión de pór na rúa de xeito provisional os agresores de La Manada. Este venres continúan as mobilizacións contra unha decisión que denota que o tribunal xa non ve risco de fuga nin risco de reiteración delituosa. A cita en Betanzos será ás 20:30 h diante do Concello, na praza da Constitución.