Casanova gaña a IX Semana do Pincho betanceira

O pincho vencedor. Foto Arume

O restaurante Casanova quedou gañou onte a cata que profesionais do sector e representantes de diversas empresas colaboradoras celebraron onte no Salón Azul do Edificio Arquivo. A súa proposta de caza convenceu ao xurado, que outorgou o segundo posto para Cho e o terceiro para a Casa do queixo.

Os cinco finalistas do certame foron Casa Carmen, Restaurante Casanova, Cho, Casa do Queixo e Café Lanzós. Resta por coñecer o galardón que concede o público.