Cae outra casa da área de rehabilitación do Casco Histórico, na Ponte Vella

Un derrubamento dunha vivenda no Casco Histórico. Arquivo.

Unha vivenda da rúa de Saavedra Meneses, dentro da área de rehabilitación integral do Casco Histórico que tamén comprende parte do barrio da Ponte Vella, desplomouse onte. O suceso afecta ao tráfico, dado que baixo da vivenda pasa a N-651 cara Ferrol.

As autoridades municipais temen que o resto do edificio caia cara á calzada, que soporta un intenso tráfico, polo que prohibiron a circulación por un dos carrís e regularon o tránsito.

A esta vía asómase tamén o que ata o momento era o último derrubamento da zona monumental brigantina, unha casa da Xunta que ocasionou tamén cortes no tránsito. A administración autonómica atribuíu aquel suceso ao forte vento e a choiva que azoutaron a localidade neses días.