Buscan a unha muller que desapareceu o sábado en Betanzos

Cuartel da Garda Civil en Betanzos. Google Maps

Unha muller de 91 anos e veciña de Pintor Seijo Rubio, María Concepción Carro, faltou da súa casa o pasado sábado. Autoridades e efectivos de Garda Civil e Protección Civil están a buscala, mentres piden á poboación que se manteña na casa cumprindo as indicacións do estado de alarma.