Betanzos rexistrou tres denuncias por violencia machista desde o inicio do confinamento

O lazo morado simboliza a loita contra a violencia machista

A alcaldesa de Betanzos explicou, no transcurso do pleno celebrado o martes 26 de abril de forma telemática, que desde que se iniciara o estado de alarma, a administración municipal viuse na obriga de atender tres denuncias por violencia machista.

Segundo datos do Ministerio de Igualdade, as chamadas ao 016- o número de asistencia ás vítimas de violencia machista- disparáronse un 18% desde que se decretara a medida para atallar a pandemia da covid-19.

O executivo español ten editado online unha guía de actuación para mulleres que estean a sufrir violencia de xénero en situación de permanencia domiciliaria derivada do estado de alarma por COVID-19.