Betanzos rexistra dúas denuncias por violencia machista en dous días

Ambos detidos xa pasaron a disposición xudicial. Na imaxe, o pazo de Xustiza, no Campo

Contra as oito da tarde do mércores un home acoitelaba á súa muller en Infesta. Apenas tres días despois, sobre a mesma hora na rúa dos Prateiros outra muller denunciaba que o seu home a golpeara con forza na cara en presenza dos seus fillos. Dúas agresións machistas con cadansúa denuncia.

A Policía Local e a Garda Civil detiveron a un home por agredir á súa parella. Os feitos rexistráronse pasadas as oito da tarde na rúa Prateiros. Segundo relatan fontes policiais, foron os veciños os que deron a voz de alerta tras asomarse a vítima á xanela da súa vivenda pedindo auxilio.

O pasado sábado, unha patrulla da Policía Local tras ser alertados, á rúa dos Prateiros para personarse na vivenda onde supostamente, un home agrediu a unha muller en presenza dos seus dous fillos, de poica idade.

A muller, que tiña o rostro ensanguentado, relatou aos axentes que o seu marido propináralle un cabezazo. O home foi posto xa a disposición xudicial. Segundo relatan fontes policiais, foron os veciños os que deron a voz de alerta tras asomarse a vítima á xanela da súa vivenda pedindo auxilio.

Prisión provisional para o acusado de acoitelar á súa muller

Por outra banda, o xulgado número 4 de Betanzos decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home que agrediu con arma branca á súa muller o pasado mércores en Infesta. A Garda Civil detívoo o pasado mércores ao home por apuñalar no abdome, preto do corazón, á súa muller, polo que a vítima tivo que ser hospitalizada.

Ademais, impúxoselle unha orde de alonxamento de 500 metros e prohibíuselle comunicarse con ela por calquera medio postal ou por teléfono, informan fontes xudiciais.