Betanzos pasa ao nivel amarelo de alerta por Covid-19 segundo o mapa facilitado onte pola Xunta

Segundo os datos facilitados onte pola Xunta de Galicia, Betanzos pasou de estar en verde (nivel 0) a estar en amarelo (nível 1) pola incidencia de casos de covid-19, entre 7 e 14 casos positivos na última semana. Xunto con Betanzos outros 35 concellos están en amarelo, 12 deles na provincia da Coruña: Cambre, Carballo, Muros, Ferrol, Betanzos, Carral, A Baña, Mesía, Fene, Ribeira, Teo e Vedra.

Do nivel amarelo sairon Sada, Boiro e A Rúa, ao mellorar os seus datos e xa non ter risco, pasan polo tanto á cor verde no mapa de Sanidade, o que significa que sumaron menos de 7 casos na última semana.

En nível laranxa hai 15 concellos: A Coruña, Culleredo, A Laracha, Narón, Oleiros, Porto do Son, Lugo, Xinzo da Limia, Ribadavia, Celanova, Tomiño, Pontevedra, Marín, Vilagarcía e Vigo. Todos eles agás as cidades contabilizaron entre 14 e 21 casos novos na última semana.

En alerta vermella atópanse 10 concellos, sete deles na provincia de Ourense: O Carballiño, O Pereiro de Aguiar, O Barco de Valdeorras, Barbadás, Monterrei, Verín e Ourense cidade. Na provincia da Coruña están tamén en alerta vermella Santiago, Ames e Arteixo.

O goberno local cofirmou un caso na Galiña Azul de Betanzos

O goberno local, que habitualmente non ofrece datos sobre a incidencia do covid no noso municipio, confirmou un caso na Galiña Azul de Betanzos para deixar claro que non foi na escola infantil municipal. No comunicado, nas redes sociais municipais, limítase a dar ese dato, que non é na escola infantil municipal. Mentres, doutros positivos como os confirmados en Pai Menniu ou, máis grave, os confirmados no servizo de axuda a domicilio ao inicio da pandemia non ofrece ningún tipo de información.