Betanzos pasa a risco alto na véspera en que todo o país asuma as novas restriccións pola covid-19

Con 28 novos positivos detectados nos úlitmos 14 días e unha incidencia acumulada de entre 150 e 250 casos por cen mil habitantes, Betanzos entra en risco alto de covid-19 cos datos publicados onte pola Xunta. O día anterior eran 21 os casos positivos diagnosticados na capital comarcal. A partir da vindeira media noite, todos os municipios do país- agás os que teñan risco extremo- estarán nesta situación dentro das medidas anunciadas polo presidente da Xunta para conter a terceira vaga da pandemia.

A espera de que se concrete no DOG, segundo as medidas anunciadas por Feijóo, isto suporáque o toque de queda vese adiantado ás 22.00 horas, que toda a hostelaría pechará ás 18.00 horas, o comercio ás 21.30 e as reunións serán como moito de 4 persoas, recomendando que ninguén alleo ás unidades familiares visite os domicilios.

Non se pechan os concellos que estean en nivel medio-alto agás Lugo, Pontevedra e Vigo, as visitas hospitalarias limitaranse a unha persoa por paciente salvo casos realmente excepcionais, no eido cultural cinemas, teatros e auditorios limitarán o seu aforo a un máximo de 250 persoas en espazos pechados e 500 ao aire libre sendo obrigado que permanezan sempre sentados.

As actividades deportivas limítanse a grupos de máximo 4 persoas e aforo ao 50 % e para a hostalería imponse o peche ás 18 horas, cunha ocupación máxima do 30% no interior e 50% exterior, mais nas áreas declaradas como nivel de alto de alerta non haberá sevizo no interior, senón só terrazas. Permítese o reparto a domicilio.

Recoméndase manter a actividade ao esencial e retomar, na medida do posible, o teletraballo. “Con carácter xeral, o nivel medio-alto aplícase a toda a comunidade”, anunciou o presidente da Xunta.