Betanzos destina 123.000 euros do POS+ da Deputación ás pistas das Minas, Xuncaliño, O Sapeiro e Guiliade

Pasarela peonil en Infesta

O Concello de Betanzos fixo público que vai dedicar 123 mil euros do POS+ da Deputación a renovar varias pistas polideportivas do municipio a proposta do goberno local do PSOE apoiada no Pleno por todos os grupos agás o BNG. Prevé facer obras nos espazos das Minas, O Sapeiro, O Xuncaliño e Guiliade.
Segundo o goberno, a das Minas, en San Martiño de Tiobre, presenta irregularidades no pavimento: grietas, fisuras, formación de charcos, cunha pista que está rodeada de vexetación e cunha malla de pechadura perimetral que conta con desperfectos. Así, a proposta pasa por retirar esta pechadura, rozar a contorna, amañar o cierre, eliminar restos de herbas e terra acumulada e o acondicionar o camiño de acceso ás instalacións, situadas entre A Xerpe e Touriñao.
Ademais pavimentarase a pista mediante aglomerado asfáltico e marcarase e sinalizará para a práctica de fútbol sala, baloncesto e balonmano.
As do Xuncaliño, próximas ao Mandeo, tamén presentan irregularidades no pavimento da pista con grietas, fisuras e charcos, e a súa situación foi motivo de protesta por parte dos veciños da Ponche Vella e Caraña. As obras  incorporarán o roce e limpeza superficial de terreo; a limpeza, lixado de superficies e posterior aplicación de tratamento de protección e acabado sobre barandilla metálica existente, entre a polideportiva e o parque do Xuncaliño. Na pista lavarase toda a superficie, trataranse as grietas e ocos; selado de xuntas e novo pavimento con marcaxe e sinalización para fútbol sala, baloncesto e balonmano.
En Guiliade o programa incluirá arreglos na pista cuberta, cuxa teitume presenta suciedad acumulada, e en O Sapeiro arranxaranse os camiños de acceso con capa de rodadura, que permitirá acondicionar este infraestructura de Santiago de Requián.

O Concello de Betanzos destinará 46.3832 euros do Plan Único a executar obras de reparación e mantemento na pasarela metálica de Infesta. O proxecto, redactado pola empresa OZN Actividades de Construción, recolle que a infraestrutura presenta danos por óxido e corrosión. O plan inclúe a retirada das chapas da cuberta e o pavimento danada e a colocación doutras novas. O prazo de execución dos traballos é dun mes desde a súa adxudicación.