Betanzos celebra unha xuntanza moteira esta fin de semana

Motos no Campo. Imaxe de Moterus

Toda esta fin de semana Betanzos estará tomada polas motos. Máis das que habitualmente se citan sobre a praza do Campo. E é que o Moto Clube Betanzos organiza, durante toda a fin de semana, a súa xuntanza moteira anual.

O programa inclúe camping no Pasatempo, varios percorridos en moto pola cidade e os contornos, varios xantares de confraternidade e máis actividades.

A iniciativa coincide practicamente no tempo coa semana da mobilidade e a súa celebración levou ao Concello a reservarlle para uso exclusivo as pistas deportivas do Carregal, a pista de ciclismo e parte do Pasatempo. En anteriores anos, iniciativas similares tiveron lugar na explanada da feira ou na da estación do tren.