Betanzos abre o prazo para o seu concurso literario para estudantes o 1 de abril 

A Xunta de Goberno Local de Betanzos aprobou as bases da convocatoria do IX Concurso de Creación Literaria dirixido a tres categorías: estudantes de ESO, de bacharelato e ciclos formativos; e calquera veciño maior de idade. Débense presentar obras de tema libre escritos en lingua galega, que poden ser relatos curtos de máximo cinco páxinas ou poesías cun máximo de cinco poemas. Nas tres categorías estableceuse un primeiro premio de 300 euros e un accésit de 150. O prazo de entrega dos traballos abrirase o 1 de abril e pecharase o 10 de maio.

O Concello brigantino tamén abriu recentemente o X Concurso de Carteis dás Letras Galegas dedicado este ano a Antón Fraguas. Os traballos poden entregarse ata o 22 de abril.