Barral reúnese coa Fundación CIEC e promételle un incremento dos cartos a dedo do Concello

A Casa Núñez é a sede do CIEC

O goberno local anunciou que incrementará a aportación qeu o Concello fai á Fundación CIEC. Actualmente o importe desta subvención, concedida nominativamente, é dicir, sen unhas bases públicas obxectivas, é de 15 000 euros.

O executivo socialista asegura que a alcaldesasa, María Barral, mantivo varios encontros cos propietarios para abordar a delicada situación que atravesa a Fundación CIEC. Malia ser a persoa que máis fondos puxo para constituír a fundación- o BNG cífrao coas escrituras na man no 70% do capital fundacional- o Concello só ten un representante no padroado da entidade e as sucesivas propostas presentadas por Jesús Núñez para deixarlle ao Concello non alteraban este reparto dos patronos na dirección.

Na actual lexislatura, o goberno local negouse a nomear representante no padroado da fundación, asegurando que o fará cando a entidade requira a presenza dun representante municipal. O anterior alcalde viuse forzado a recoñecer que o CIEC non o convocaba en calidade de representante do Concello ás xuntanzas do padroado.

A entidade sostense, nomeadamente, de fondos públicos. Aos 15 000 euros que pon o Concello sen exixir contrapartidas súmase a aportación da Deputación.