Barral promete agora o centro de día

María Barral é a concelleira de Servizos Sociais e Educación e dela depende a escola infantil municipal

A candidata do PSOE á Alcaldía de Betanzos, María Barral, prometeu que promoverá a construción dun centro de día para os maiores e a posta en marcha dun organismo de información á muller. Barral, cuxo partido impediu en varias ocasións a cesión do vello ambulatorio para este cometido, asegura que ambos son proxectos “ineludibles” para o PSOE.

Promete que executará ambos proxectos no próximos catro anos. O Centro de Información á Muller (CIM) será, segundo explica Barral, unha oficina con carácter comarcal.

Actualmente existe na comarca xa este centro, en Coirós, debido a que, segundo explica o PP, o PSOE betanceiro nunca pediu este centro á Xunta ata que botou anos funcionando en Coirós. En todo ese tempo Barral foi delegada de servizos sociais.